What are tags? You can give your posts a "tag", which is like a keyword. Tags help you find content which has something in common. You can assign as many tags as you wish to each post.
View posts by people in your network with tag val minhor
Noite máxica, as 12 da noite as fogueiras e as augas purifican, as fontes milagreiras o son mais que nunca, ainda que tedes que ter coidado, xa que as meigas e os encantos andan soltos nesa noite, e tamén gostan das fontes...entre as ligazón que vos mando, hai tamén receitas para preparar as herbas de san xoan, para lavar a car o dia seguinte. Non sei se protexen do meigallo, o que podo garantizar é que cheiran de maravilla...
Aproveitaremos esa noite, a máis corta do ano, para entregar ao lume purificador tantas malas ideas, tantas agresións que ameazan e están a destruír esta marabillosa Ría.
A festa prolongarase na madrugada con divertidas actuacións e a música en directo do grupo Dakidarría
Xa teño observado en moitos lugares que a policía local nos concellos democráticos ten moitas veces unha imaxe inda peor da que tiña na ditadura. E certo que se produciu unha certa modernización, mais lamentablemente consistiu na adopción de un "look" chulesco, con Ray-Ban ou outras gafas de sol, canto mais macarriles, mellor. Como eses policías gringos do "Midwest", que tanto medo dan nas peliculas.
E que aconteceu co seu traballo? É de supoñer que co fin da ditadura tamén cambiou. Nas cidades o seu traballo na ditadura practicamente se reducía a dirixir o escaso tráfico da época, xa que para a represión dos "vagos e maleantes" xa estaban os corpos represivos. Nas vilas non existia ese tipo de policía por ser innecesario. E hoxe son necesarios para que? Podería preguntar alguén. Dificil pregunta, eu non sei respondela.
Onde eu vivo, pouca actividade se lles coñece. Unha das suas principais funcións e posar co seu "atrezzo" mais propio de "Easy Rider" que de unha pequena e tranquila vila de 16110 Habitantes espallados en 35 km².
Outra actividade na que destacan é na persecución da mocidade de cabelo longo. Pouco importa que nos continuos rexistros a que son sometidos nunca lles encontren nada ilegal, eles ben saben que con esa pinta algo deben fumar de cando en vez, e non perden a esperanza de algún dia atopar algo. Para que tanto empeño?
Será que buscan algo que fumar gratis? non sei... pero a verdade é que parece estraña esa actitude, cando é ben sabido que hai nas veciñanzas unha discoteca onde se reune outro tipo de público, os chamados "malotes", que non levan cabelo longo, son violentos, e consumen todo un arsenal de substancias ilegais. Non é a primeira vez que hai algún morto, nas continuas liortas entre grupos rivais. Non me consta que ese local e os seus frecuentadores recibiran Bula ou Licencia do Papa de Roma, mais eso é o que parece, xa que a impunidade parece ser total.
Non dispoño de datos dabondo para analizar en profundidade os motivos de todo o anteriormente exposto, o que si podo decir é que, como mínimo, deberían ser estudados polas autoridades democráticas, sen esperar a que algunha traxedia o faga inevitable. Prever sempre é mellor que curar.
O centro antena de Nigrán acolle ata o próximo 13 de agosto unha exposición sobre os traballos que se están realizando dentro do proxecto pioneiro de revalorización patrimonial de Chandebrito. Os visitantes atoparán fotografías sobre a riqueza desta parroquia do interior de Nigrán e poderán contemplar un vídeo para poder apreciar as súas paisaxes, sons e ata cheiros, posto que na sala tamén se colocaron diversas especies vexetais. As autoridades locais comprometéronse a continuar apoiando esta iniciativa que dirixe a arqueóloga Rosa Villar. Fonte - La Voz de Galicia .
Cando o Val Miñor volta a estar en boca de todos polos lamentables delitos urbanisticos mostrados en todos os xornais, "varias asociacións e colectivos organizamos as primeiras
Xornadas de Urbanismo de Nigrán co obxetivo de que o veciños e veciñas
da comarca continúen o debate necesario sobre o seu futuro; debate que
comezou hai xa algún tempo e que nesta altura queremos avivar.
As xornadas celebraranse todos os sábados do mes de Marzo ás 19:00h,
a máis dunha charla o xoves 22 ás 20:00h co arquitecto Pedro de Llano.
Dado que o concello de Nigrán non dispón de ningún auditorio nin
sala pública para a realización das xornadas, as charlas celebraranse
nunha aula do colexio público H. Juanes de Vilameán (Nigrán). Así mesmo
porque para este lugar e o seu contorno lle tiñan reservado un destino
que o pobo de Nigrán non aceptou nin vai aceptar nunca: xa que este é
un terreo de dominio público que non pode entrar como moeda de cambio
en ningún “cambalache” inmobiliario para beneficio particular. Non o
consentiremos".
Ver mais en
www.pxomnigran.com , onde se irá presentando información detallada das xornadas.
As AA VV estamos agradecidas por esta expresión pública e libre de rexeitamento deste Plan Xeral que se pretendía aprobar o pasado venres 2 de xuño. Sentímonos apoiados por todos e cada un de vós para seguir reclamando o que nos corresponde.
Hoxe, 15 días despois de daquela revolta que espallou o nome de Nigrán arredor do mundo, moitas cousas cambiaron. Saíu á luz moita inmundicia e os lobos xa empezaron a pelexar entre eles a dentadas.
Pero o máis importante, o que de verdade cambiou, é que agora saben que ninguén, nunca máis, poderá gobernar este Concello coma se fora a súa finca privada.
A pesar de todo, ese maldito Plan Xeral aínda non foi retirado.
O noso ánimo é seguir pelexando, e a vosa presencia aquí hoxe aínda nos anima máis.
Queremos que saibades que as vosas voces foron escoitadas en lugares tan distantes como Xapón, Canadá, Irlanda, Noruega, Reino Unido, Dinamarca, Alemaña, e por suposto en todo o Estado español. De todos estes sitios nos chegan felicitacións e palabras de alento que queremos compartir con vós porque a vós van dirixidas.
Curiosamente, aquí ó lado, o noso Alcalde resístese a escoitarnos e o único que nos ofrece é tomar nota das nosas suxerencias que posiblemente acaben na papeleira. O que nos ofrece, non o compromete a modificar nin un só punto do Plan Xeral que pretenderon aprobar.
Así que estamos como hai 15 días. Xa entón reclamabamos que o Nigrán no que queremos vivir sexa o que figure sobre os planos. Un concello con vida propia, con servicios públicos, un Nigrán equilibrado en tódalas parróquias.
Un Nigrán pensado para vivir os veciños e veciñas e non un “Agregado Urbano Litoral” e residencial.
Queremos ser un Concello, non unha sucursal.
Pero sobre todo, o que non queremos, é ver convertido este lugar marabilloso que nos veu nacer, nunha froita podre da especulación urbanística e da corrupción política.
Por eso, ante a avalancha de presuntos delictos, de tratos de favor, de informacións privilexiadas e de inxustificadas recualificacións de fincas, esiximos a inmediata acción da xusticia, e declaramos publicamente, con toda a forza da nosa voz, que xa non nos queda unha pinga de confianza, de credibilidade, para eses que, nun mal día, moitos de nós votamos.
Reivindicamos o dereito ó crecemento natural e sostible de todas as nosas parroquias.
Desde o esquecido Chandebrito, para o que só gardan o regalo envelenado dun campo de golf, ata o Nigrán que queren asfixiar cunha enchente de ladrillos.
Non se resolven os problemas urbanísticos de Panxón, e queren destruír o espacio natural de Monteferro como destruíron as dunas de Gaifar hai anos.
A Priegue e á Ramallosa queren partilos ó medio cun absurdo vial que non vai a ningures e Camos tamén quedaría roto e afogado. Nas Angustias un negocio para catro, e a total desolación para Parada.
Por todo isto esiximos tamén a elaboración dun novo Plan Xeral, dende o consenso, o diálogo, o sentido común e sobre todo dende a absoluta transparencia, para que o nome de Nigrán quede limpo e non volvan resoar as voces que o cualifican vergonzosamente como a Marbella galega.
Queremos acabar agradecendo a presencia e a solidariedade dos que viñeron hoxe a apoiarnos desde outras vilas e lugares.
Reciban eles tamén o noso ánimo.
Porque a ameaza da especulación e o perigo de destrucción do noso patrimonio, non afecta só a Nigrán, senón a toda a costa e a moitos lugares do interior de Galicia.
Sigamos coma hoxe unidos para defendernos de aqueles que, por un puñado de euros, queren destruír a nosa paisaxe, a nosa riqueza natural, a nosa forma de vida.
Ainda este domingo pasado, xuntouse de novo Henrique Otero cos gaiteiros no Catro Camiños, en Gondomar. Os gaiteiros en bañador ou calza corta, Henrique Otero tamén, Manolo regando a rua... ¿Chegaríamos os 40ºC? Non sei, mas facia calor dabondo. Algúns gaiteiros estaban sen dormir, viñan da festa de Vilaza. Son de ferro. Por certo, antes de que me esqueza, direivos que non son o único que agradece a presencia dos gaiteiros na concentración do outro dia de Salvemos Monteferro.
Non estaba Plácido, o pulpeiro do Carballiño, e o "polvo a feira" foi servido por unha moza, imaxino que da sua familia. E para quen non sabe, e bo decir que o "polvo a feira" e todos os domingos, e a "gaiteirada" o último domingo de cada mes
E foi por acaso que o dia seguinte encontrei esto no Consello da Cultura Galega:
ten xa setenta anos e moita gaita ás súas costas. Cincuenta e seis anos de profesión consolidaron o seu nome coma un dos principais mestres de gaita da segunda metade do século XX en Galicia.
Nacido en 1930 no barrio de Lavadores de Vigo, acadou facer unha síntese entre a aprendizaxe tradicional da gaita e os métodos clásicos. Membro fundador do grupo "Os Cruceiros", de grande popularidade na Galicia dos anos sesenta, converteuse a partir de 1971 en mestre gaita no Conservatorio de Vigo.
Profesor e compositor Seu é o mérito de que se validase o estudio de gaita galega polo Ministerio de Educación, e foi o primeiro gaiteiro que publicou un método para aprender gaita. Polas súas aulas pasaron algúns dos máis destacados gaiteiros da actualidade, coma o coñecido Carlos Núñez.
Como compositor realizou máis de duascentas obras nas que mestura a tradición máis fonda coa busca de novas posibilidades para o instrumento. Grupos coma Treixadura e Noitarenga teñen incluídas algunhas das súas pezas nos seus repertorios.
Disco Logo da recente concesión da medalla Constantino Bellón en homenaxe á súa carreira, publícase agora "Henrique Otero. O Gaiteiro do Fragoso" (Boa Music , 2001). Un disco no que se recollen quince das súas composicións orixinais.
O venres foi o 2º Concerto solidario na sala Iguana Club, no que participaron Cogito e Dakidarría (reegae, ska, punk).Aqui podedes ver as fotos do 2º Concerto Solidario de Salvemos Monteferro.
O sábado, Festa-Presentación da sección viguesa de Verdegaia, en A Revolta de novo, gran festa na que tocaron Servando e Contradança, APERTA (asociación de percusionistas e tamborileiros), Música y Letra, Woïma, Thiossane (percusión africana), e as Pandereteiras de Andarela. Aqui están as fotos.
Todo esto enmarcado nas actividades da recta final para a Concentración o sábado que ven, dia 13, as 12h, no Concello de Nigrán, para a entrega das case 10 000 asinaturas recollidas.
Ese dia se espera que os vigueses devolvan a visita, INVADINDO NIGRÁN EN APOIO A "SALVEMOS MONTEFERRO". Se tocas un instrumento, fas malabares ou tes calquera outra idea que se poida incorporar a festa, non o penses duas veces. E non esquezas traer algo de comes e bebes que a romería ten que ser sonada. Dalle unha última ollada a convocatoria, e nos vemos en Nigrán!!!!
Vén sendo unha práctica habitual nos políticos do actual Goberno Galego falar de que van impedir a "marbellización" da nosa costa. Todo demasiado fermoso para ser real. É de todos sabido que os intereses en xogo son tan importantes que "os que moven os fíos" vanse a saír coa súa en moitos casos, sen reparar en medios para conseguilo. Xa hai moitos datos que apuntan nese sentido, vexamos senón o papel da prensa. Os periodicos galegos falaban non fai tanto da "marbellización", ou da "autopista en Monteferro" ou da Piscifactoría de Álvarez Cáscos na Praia das Catedrais (rede natura 2000) etc, caso este último que me fai saltar as bágoas. Dos inumerabeis recheos e portos deportivos xa non falaban tanto. Cal é a situación actual? que a prensa non di nin pio destes temas, ou se di algo é para desprestixiar aos que aínda resisten intentando defender a nosa costa. Este notório cambio de actitude resulta na miña opinión bastante sospeitoso. De ahi que vexo á prensa moi ben representada polo moniño da esquerda, o que nada di.
E que hai dos nosos políticos? Dos do anterior goberno non vale a pena perder o tempo en describir a serie de desatinos que aprobaron, especialmente cando decidiron aplicar unha política de terra queimada ao verse obrigados a abandonar o poder.
Do actual goberno galego pódense citar tantas declaracións cheas de "boas intencións" como se queira... non permitirán a marbellización das Rias Baixas... que posiblemente acaben sendo declaradas Reserva da Humanidade... ¿ou será cloacas da inhumanidade? Todo iso é moi bonito, pero na práctica que?
Creo que os colectivos cidadáns e os ecoloxistas pronto empezarán a fartarse de pasear de Consellería en Consellería, para recibir en todas moitas palabras de ánimo, e a recomendación de "pedir cita" na seguinte Consellería... "porque non é competencia nosa" Pero imos ver... pensan que a xente é parva? é posible que ninguén saiba de quen son competencia estes asuntos? é posible que as escasas veces que mandan parar algo, os politicos da dereita teñan a desvergoña de dicir "non imos facer nin caso do que diga o Goberno Galego"?. Parécevos unha boa representación do Goberno Galego, a que fan os outros dous moniños da foto, que non ven nin oen nada?
Fagamos unha pequena lista dos "disparates de que estamos falando, non vaia ser que non sexa para tanto. Por orde, de sur a norte:
O edil do BNG tinha denunciado recentemente intereses urbanísticos en Monteferro, uma zona natural. Restos de trapos e bolsas de plástico con gasolina confirman que o incendio que calcinou o coche foi provocado. A Guardia Civil está pendente do informe pericial do especialista de incendios que chegou onte para investigar as causas do lume.
O concelhal nacionalista tinha denunciado fai pouco tempo nos medios de comunicación duas actuacions polémicas na comunidade de montes da península de Monteferro.
En pro da defensa das liberdades, que nos fan ser cidadáns dunha democracia, queremos deixar clara a nosa TOTAL REPULSA e DENUNCIA a calquer acto violento que pretenda coaccionar a liberdade das persoas, indistintamente da súa condición política, sexual ou relixiosa.
O sábado David Xiráldez, concellal polo BNG e ante todo veciño de Nigrán, sufriu ás portas da súa casa un acto cobarde de violencia e coación.
Uns indesexables prenderon lume ao seu coche, o que provocou a calcinación total do vehículo e unha explosión que puido afectar aos coches colindantes ou a calquer peon que se puidera atopar cerca.
Ante esta noticia, calquera persoa, indistintamente da súa idoloxía ou condición, sentiu tocado un anaco da súa liberdade na comarca.
Por iso, queremos deixar este espazo da web para transmitirlhe a David Xiraldez o noso máis sinceiro apoio, CONDEANDO calquer acto que pretenda coaccionar a liberdade de acción e pensamento dos cidadáns.
Casa De Tolos está no fermosísimo Val Minhor, parroquia de Manhufe, Concelho de Gondomar e provincia de Pontevedra. Está a 15 kilómetros de Vigo, a 90 de Santiago, 150 de A Corunha, 150 de Oporto,1200 de Vilafranca do Penedés e 8275 de Sao Paulo, Brasil. Este estudio nos ofrece MP3, enlaces a os numerosos grupos galegos que xa gravaron con eles, e outras moitas cousas, sen esquecer as bicicletas que tenhen para os seus clientes.