 | Category: | | Beverages | | Style: | | Soulfood | | Special Consideration: | | Vegetarian |
Description: Un amigo portugués me pediu a receita da queimada. Buscando na Rede atopei a opinión do grande Alvaro Cunqueiro, que dixo que non debe levar café, porque rouba o sabor do augardente, o que pode ser certo cando esta é de calidade excelente. Na minha opinión, uns poucos graos de café non lhe fan mal ningún. http://www.galiciaconvos.com.ar/convos_queimada.htm Encontrei outra páxina que conta a historia da invención da queimada con café, na guerra civil. http://www.lareira.net/ga/bebidas/queimada.php
Ingredients: Augardente Azucar ou mel Casca de limón Opcional: Graos de café, ou café feito, ou viño, frutas etc
Directions: Nun culherón colocar azucar ben molhado en augardente e prender lume. Con eso pasado pola superficie da futura quiemada vaise quentando o augardente ata conseguir que arda. Remexendo vaise queimando o alcool, e vaise provando o sabor según se van engadindo o resto dos ingredientes, ata conseguir o nivel de alcool e o sabor que un goste.
O CONXURO DA QUEIMADA
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas. Demos, trasgos e dianhos, espritos das nevoadas veigas. Corvos, pintigas e meigas: feitizos das mancinheiras. Podres canhotas furadas, fogar dos vermes e alimanhas. Lume das Santas Companhas, mal de olho, negros meigalhos, cheiro dos mortos, tronos e raios. Oubeo do can, pregón da morte; fucinho do sátiro e pe do coelho. Pecadora lingua da mala mulher casada cun home velho. Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadavres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cús, muxido da mar embravecida. Barriga inútil da mulher solteira, falar dos gatos que andan á xaneira, guedelha porca da cabra mal parida. Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemelha ao do Inferno, e fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas, índose banhar na praia das areas gordas. Oide, oide! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no augardente quedando así purificadas. E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa alma e de todo embruxamento. Forzas do ar, terra, mar e lume, a vós fago esta chamada: si é verdade que tendes máis poder que a humana xente, eiquí e agora, facede cós espritos dos amigos que estan fóra, participen con nós desta Queimada.

 | damn1biker wrote on Dec 17, '06, edited on Dec 17, '06 Muitissimo obrigado. Vou tentar fazer essa bebida maravilhosa ainda hoje. visita www.portuguesecafe.com. Um grande abraco. Quim Gameiro |
| |