Os Alalás son os cantos considerados máis antigos, enxebres e máis característicos da música tradicional galega. Esquecidos durante anos, preservados pola tradición oral e a sabedoría popular, o seu tesouro comezou a ser recuperado e dignificado por poetas e músicos no pasado século.
Son cantos dilatados, de ritmo libre, de grande fondura. Considérase o alalá, como un dos máis característicos cantos galegos, dunha antigüidade e ascendencia máis remota que o segundo período do canto gregoriano, chamado do apoxeo. O alalá, sen dúbida, é unha das constantes na música galega, cuns valores estéticos e artísticos innegables e que o convirte nun dos cantos máis fermosos da nosa tradición.
A orixe do alalá, e a súa relación con outras formas musicais, en particular coa música litúrxica, atraeron a atención dos musicólogos durante os dous últimos séculos. Propuxéronse numerosas teorías, pero o certo é que a orixe destes cantos vai unido ó da identidade galega, e esvaécese na antigüidade.
A utilización dos alalás coma un símbolo da identidade nacional galega fai esquecer con frecuencia que tamén presentan innegables similitudes con outros cantos de culturas cercanas (como os de Castela, Al-Andalus, Magreb).
Perfecto Feijoo (1858-1935), fundador do primeiro coro galego "Aires da Terra" foi un grande compilador e intérprete de alalás.
Mais en: Galicia Espallada

Os alalás acostuman cantarse acompañados da gaita ou a zanfona, da que se incluen duas pezas do maestro Faustino Santalices (http://ret007ei.eresmas.net/reolid/a-santalices.html).
Destaca tamén entre as músicas presentadas a versión que fan Cuchús Pimentel e Delio do Alalá das Mariñas, con guitarra e caixón flamenco.

ALALÁ DAS MARIÑAS

Teño unha casiña branca
na Mariña entre os loureiros
teño amores, teño barcas
estou vivindo no ceo !

Adeus á miña casiña
Portelo do meu quinteiro
Auga da miña fontiña
Sombra do meu laranxeiro

Alalá Nas cordas Pancho Alvarez 
Alalá Da Pena Sementeira Fuxan Os Ventos 
Alalá Das Humidades Viaxe por Urticaria Berrogüetto 
Alala Das Mariñas Estou vivindo no ceo Uxía 
Alalá das mariñas Galicia en música Xesús Pimentel 
Alalá Da Ulla Alta Doce polainas enteiras Iván Area Carracedo, Marta Vázquez Meiriño 
Alala da vila ortegan title Budiño 
Alalá De Arrincar O Liño  gravacións históricas de zanfona [1927-1949] Faustino Santalices 
Alalá de Canedo Para brincar no rueiro Beladona 
Alalá De Carballo Obrigado Treixadura 
Alalá de Meira Unha noite no mu章o Treixadura 
Alalá de Muxía Albeida Rodrigo Romaní 
Alalá de Padrón Onde Galicia é Portugal A Roda 
Alalá De Padrón  gravacións históricas de zanfona [1927-1949] Faustino Santalices 
Alalá de Pradias Aviouga [UK] Pepe Vaanonde grupo 
Alalá de San Xusto Falemos galego A Roda 
Alalá De Seitura  gravacións históricas de zanfona [1927-1949] Faustino Santalices 
Alalá De Vilalba Susana Seivane Susana Seivane 
Alalá novo Chouteira Chouteira 
Alal疽 da Ulla Auga de Maio Milladoiro 
Alalas Sementeira  Fuxan os Ventos 

mmeixide wrote on Jun 11, '07
Add a Comment
   
© 2008 Multiply, Inc.    About · Blog · Terms · Privacy · Corp Info · Contact Us · Help

Template design - Copyright © 2005 Chris Vincent All rights reserved.