UNHAS 13.000 PERSOAS VISITARON ATÉ AGORA O BARCO DA MEMORIA NA SÚA SINGRADURA PARA AMOSAR A REPRESIÓN FRANQUISTA CONTRA OS MARIÑEIROS (11-08-2006)


* Un vello alxibe, o Hidria II, leva pola costa galega exposicións, proxeccións audiovisuais, charlas e homenaxes sobre as vítimas do franquismo

* Ao abeiro do Barco xorden testemuños de vítimas que aínda estaban sen coñecer

* O Hidria II comezou a súa viaxe o 18 de xullo en Cambados e rematará o 8 de setembro en Vilagarcía de Arousa, tras recalar en 18 vilas



Unha das embarcacións máis emblemáticas do noso patrimonio marítimo, o Hidria II, totalmente rehabilitado, está a percorrer este verán a costa galega. Convertido no Barco da Memoria, rende homenaxe ás persoas represaliadas tras o golpe de estado franquista na Galiza mariñeira. Chegado ao ecuador da súa travesía, arredor de 13.000 persoas xa visitaron o barco e as actividades que se desenvolveron de forma paralela en terra nas 10 localidades nas que recalou.

Nas súas adegas viaxa a exposición “Os mártires do mar: Represión franquista contra os mariñeiros galegos” e abondoso material audiovisual que se proxecta nas vilas que percorre. Ao seu carón teñen lugar en terra diversas actividades como conferencias, outras exposicións, proxeccións de documentais audiovisuais, concertos e homenaxes ás persoas que foron asasinadas e represaliadas polo réxime franquista. O Barco da Memoria forma parte das actividades do Ano da Memoria para dar a coñecer unha época da nosa Historia que aínda ten demasiados silencios.
Sinfonía nº 9 de Beethoven (Scherzo)   

Add a Comment
   
© 2008 Multiply, Inc.    About · Blog · Terms · Privacy · Corp Info · Contact Us · Help

Template design - Copyright © 2005 Chris Vincent All rights reserved.